Blogia
Grupo Teatral Raiolas

Feliz aninovo

Hola a todos e feliz aninovo.

Antes de nada quixéramos agradecerlle a todo o público que nos veu o pasado 27 en Ferreira a sua asistencia e sobre todo o calor que nos brindou durante e sobre todo ó remate da actuación.Creemos que a xente se divertiu,polo menos case tanto coma nós.

Tardábanos voltar a actuar en Ferreira e Ferreira non nos fallou.Moitas gracias.

Ano novo,vida nova,actividades novas.O vindeiro luns 5 de Xaneiro estaremos arroupando aos Reis Magos na visita que farán a Alfoz convidados pola asociación.Alí nos vemos.

Hai mais proxectos en mente pero xa os iremos vendo.Antes  teñen que vir os Reis Magos

Antes de rematar,a nosa noraboa a tódolos participantes da curtametraxe "Lume na alma".Sentímonos orgullosos deles.

 

0 comentarios