Blogia

Grupo Teatral Raiolas

"Non volvas Salustio, non volvas"

Podedes ver as fotos da última obra representada polo grupo no noso facebook. Esperamos que a disfrutarades. Agora a esperar ansiosos pola seguinte....

Raioleiros

Raioleiros

Descanso

Dende a gala dos dez anos vividos polo grupo xa pasaron algúns meses. Pero non vos preocupedes, porque estamos a preparar unha nova obra para poder sorprendervos de novo.

Asique nuns mesiños volveremos ós ESCENARIOS....

Lugares e datas serán actualizados no blog

Gala Aniversario Raiolas

Gala Aniversario Raiolas

Fantástica gala na que recordamos algúns dos mellores momentos vividos por Raiolas e representamos anacos das nosas obras.

Fin da tempada

Bueno,estase acabando a tempada de actuacións, so nos queda unha que será o vindeiro dia 27 de decembro na Casa da cultura Manuel Lourenzo do Valadouro e voltaremos a representar a obra "a lotaria".

Gracias por estar ahí,por ir a vernos e facernos sentir felices coas vosas risas e os vosos aplausos.

Estreno "A lotaría" en O Valadouro

Estreno "A lotaría" en O Valadouro

Foz: 26 de agosto 2009

Foz: 26 de agosto 2009

Ensaios de nova obra

Ensaios de nova obra

Os ensaios da nova obra

Os ensaios da nova obra

Decembro 2009

Dia 5 en begonte coa obra "Un mal dia"

Novembro 2009

- Dia 7 nos villares-guitiriz coa obra "Un mal dia"

- Dia 14 en riotorto coa obra "A lotaria"

- Dia 21 en  quiroga coa obra "Un mal dia"

- Dia 27 en burela coa obra "Un mal dia"

 

Outubro de 2009

- Dia 3 en palas de rei coa obra "Un mal dia"

- Dia 17  en sober coa obra "Un mal dia"

- Dia 24 en lourenza coa obra "Un mal dia"

- Dia 25 en barreiros coa obra "Un mal dia"

Septembro do 2009

- 30 de Agosto: en Burela, no campon,no centro de xubilados "Xuntanza" a partir das nove,coa obra "Un mal dia".

- 3 de Septembro no Valadouro,na casa de cultura,estreo da nova obra "A LOTARIA" a partir das nove e media.

- 5 de Septembro en Guitiriz coa obra "Un mal dia".

- 26  de Septembro en Alfoz coa obra "A lotaria"

- 27 de Septembro en Ourol coa obra "Un mal dia"

 

O sábado todos con Manuel Lourenzo.

Non imos entrar no que para o Val do Ouro representa Manuel.Hoxe por hoxe é  (senón o mellor ) dos mais grandes embaixadores desta bisbarra,e para as xentes que tanto sentimos estas terras convírtese nun modelo a seguir.

Anda preto dos oito anos que tivemos a primeira xuntanza con él.Unha agradable comida deu lugar a un ensaio supervisado polo autor da nosa primeira obra dias antes do ansiado debut.En xullo de 2001 co gallo de Mercado Medieval.

"A sensación de Camelot".Alí estabamos Peinó,Cachín,Pardiñas,Susi,Luis Miguel,Victoria e Chús como apuntadora.¡Qué nervos!,¡que consellos!,¡qué recordos!.....

Alguén tivo a boa idea de adicarlle un dia,e que nese dia estivera Raiolas para representar a obra que nos puxo a andar.A sensación de Camelot.De Manuel Lourenzo.

Ese dia como é sabido é o vindeiro sábado 13 de Xuño.Ás 20 horas noméase a Lourenzo como fillo predilecto de Valadouro a ás 21 horas a nosa humilde homenaxe.Representaremos a citada obra.A intención foi que o fixéramos os actores que daquela empezamos,anque non poderemos contar con Victoria,con que a raiña Xenebra será Vanessa,nin con Pardiñas (moito ó seu pesar) polo que o aposto Lancelot será un  dos últimos fichaxes.Javi.

Xa fai oito anos dos inicios,e grazas a esta xornada voltamos a vivilos .O tempo pasa rápido,e moito máis si se vive con tanta intensidade.Non imos nomear (por medo a esquecer a alguén), ós amigos que se esforzaron derriba de calquera dos moitos escenarios que pisamos.Son o orgullo deste grupo,O autentico espíritu raioleiro.

E ogallá por moitos anos Manuel Lourenzo siga a presumir polo mundo adiante,que de donde él é,hai unha raiola de ilusión disposta a seguir transmitindo o que ata hoxe foi capaz...

Ata o sábado.

   

Feliz aninovo

Hola a todos e feliz aninovo.

Antes de nada quixéramos agradecerlle a todo o público que nos veu o pasado 27 en Ferreira a sua asistencia e sobre todo o calor que nos brindou durante e sobre todo ó remate da actuación.Creemos que a xente se divertiu,polo menos case tanto coma nós.

Tardábanos voltar a actuar en Ferreira e Ferreira non nos fallou.Moitas gracias.

Ano novo,vida nova,actividades novas.O vindeiro luns 5 de Xaneiro estaremos arroupando aos Reis Magos na visita que farán a Alfoz convidados pola asociación.Alí nos vemos.

Hai mais proxectos en mente pero xa os iremos vendo.Antes  teñen que vir os Reis Magos

Antes de rematar,a nosa noraboa a tódolos participantes da curtametraxe "Lume na alma".Sentímonos orgullosos deles.

 

Bo aninovo raioleiro para todos

Como xa sabedes,a última actuación do pasado ano foi en Ferreira o dia 27.

Facia un ano que non pisábamos ese escenario e o certo é que nos tardaba.Como supoñiamos,Ferreira non nos fallou.Cheo total ante un público que disfrutou de principio a fin e que nos fixo sentir moi cómodos en escea.

Especialmente cariñosa se amosou a xente coas presentacións finais tanto cos actores coma cos compañeiros de luz,son,montaxe....

Moitas grazas a todos

En Raiolas non temos parada.Como ben sabedes o dia 5 pola tarde pasarán por Alfoz os Reis de Oriente.Os reis magos.Foron convidados polos amigos da asociación O Castelo a percorrer o noso concello e visitar aos nenos (e non tanto) para que estes lles pidan os seus regalos para esa noite máxica.Pois moitos integrantes do grupo estaremos por alí colaborando co Castelo para que os Reis se sintan mais arroupados na sua breve visita.Tamén lles pediremos algo,por suposto.

¡¡´Vémonos na cabalgata dos Reis Magos!!.

Hai mais proxectos en marcha,pero xa iremos contando.

¡¡Feliz aninovo!!.

OXALÁ ESTE ANO SE REPITA

OXALÁ ESTE ANO SE REPITA

Non o dubidamos pero este "cheo" no salón de actos de ferreira do pasado verán, esperemos se repita o próximo sábado. Esperámosvos co desexo de que mereza a pena e pasades un serán agradable con nós, o grupo Teatral Raiolas.

Lembrade: 27 de Decembro de 2008, a iso das 21.00h do serán.

Actuación en Ferreira

 Fai un ano por estas datas deciamos dende o escenario de Ferreira a tan empregada frase:"Que de hoxe nun ano...." e pódese decir que imos cumplir co desexo ou promesa pois,o vindeiro Sábado 27 de Decembro ás 21 h,representaremos por primeira vez en Ferreira a nosa última obra."UN MAL DIA" do autor arxentino Hugo Daniel Marcos.

Nin que decir tén que estaremos no salón de actos da Casa de Cultura Manuel Lourenzo.

¡¡Agardámosvos!!.