Blogia
Grupo Teatral Raiolas

O sábado todos con Manuel Lourenzo.

Non imos entrar no que para o Val do Ouro representa Manuel.Hoxe por hoxe é  (senón o mellor ) dos mais grandes embaixadores desta bisbarra,e para as xentes que tanto sentimos estas terras convírtese nun modelo a seguir.

Anda preto dos oito anos que tivemos a primeira xuntanza con él.Unha agradable comida deu lugar a un ensaio supervisado polo autor da nosa primeira obra dias antes do ansiado debut.En xullo de 2001 co gallo de Mercado Medieval.

"A sensación de Camelot".Alí estabamos Peinó,Cachín,Pardiñas,Susi,Luis Miguel,Victoria e Chús como apuntadora.¡Qué nervos!,¡que consellos!,¡qué recordos!.....

Alguén tivo a boa idea de adicarlle un dia,e que nese dia estivera Raiolas para representar a obra que nos puxo a andar.A sensación de Camelot.De Manuel Lourenzo.

Ese dia como é sabido é o vindeiro sábado 13 de Xuño.Ás 20 horas noméase a Lourenzo como fillo predilecto de Valadouro a ás 21 horas a nosa humilde homenaxe.Representaremos a citada obra.A intención foi que o fixéramos os actores que daquela empezamos,anque non poderemos contar con Victoria,con que a raiña Xenebra será Vanessa,nin con Pardiñas (moito ó seu pesar) polo que o aposto Lancelot será un  dos últimos fichaxes.Javi.

Xa fai oito anos dos inicios,e grazas a esta xornada voltamos a vivilos .O tempo pasa rápido,e moito máis si se vive con tanta intensidade.Non imos nomear (por medo a esquecer a alguén), ós amigos que se esforzaron derriba de calquera dos moitos escenarios que pisamos.Son o orgullo deste grupo,O autentico espíritu raioleiro.

E ogallá por moitos anos Manuel Lourenzo siga a presumir polo mundo adiante,que de donde él é,hai unha raiola de ilusión disposta a seguir transmitindo o que ata hoxe foi capaz...

Ata o sábado.

   

0 comentarios