Blogia
Grupo Teatral Raiolas

Bo aninovo raioleiro para todos

Como xa sabedes,a última actuación do pasado ano foi en Ferreira o dia 27.

Facia un ano que non pisábamos ese escenario e o certo é que nos tardaba.Como supoñiamos,Ferreira non nos fallou.Cheo total ante un público que disfrutou de principio a fin e que nos fixo sentir moi cómodos en escea.

Especialmente cariñosa se amosou a xente coas presentacións finais tanto cos actores coma cos compañeiros de luz,son,montaxe....

Moitas grazas a todos

En Raiolas non temos parada.Como ben sabedes o dia 5 pola tarde pasarán por Alfoz os Reis de Oriente.Os reis magos.Foron convidados polos amigos da asociación O Castelo a percorrer o noso concello e visitar aos nenos (e non tanto) para que estes lles pidan os seus regalos para esa noite máxica.Pois moitos integrantes do grupo estaremos por alí colaborando co Castelo para que os Reis se sintan mais arroupados na sua breve visita.Tamén lles pediremos algo,por suposto.

¡¡´Vémonos na cabalgata dos Reis Magos!!.

Hai mais proxectos en marcha,pero xa iremos contando.

¡¡Feliz aninovo!!.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres